Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web
http://historiadegalicia.gal/ e
https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.
O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país. Trátase dunha iniciativa que nace sen ataduras nin subvencións de ningún tipo. Un proxecto independente que tenta contar a historia de Galicia sen pelos na lingua e con quen mellor sabe contala; historiadores, investigadoras e arqueólogas.
Que din os rumorosos nace tamén co obxectivo de chegar ao maior número de xente posible. Por iso, Historia de Galicia e Rutas de Historia acadaron un acordo con varias emisoras locais e xornais dixitais para chegar ao maior número posible de xente.
Deste xeito, esta serie de podcast será emitido por Radio Tui, Radio Estrada, Raio Xente de Teo, Radio Fusión, Radio Roncudo e Radio Neria, e poderá ser descargado polos e polas lectoras dos xornais Galicia Confidencial, Que pasa na Costa, Xornal de Vigo, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Lugo Xornal e do portal web
https://neofalantes.gal/.
Os contidos deste podcast están baixo licenza
Creative Commons BY-SA 4.0Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (
@raivenra).
Redes sociais onde atoparnos
https://twitter.com/historiaGALhttps://www.facebook.com/historiagalicia/
---
PROGRAMAS
01 - O reino medieval de Galicia. Cando Galicia foi un gran reino
Como foi o reino medieval de Galicia?... Como se configurou ese reino que comezou cos suevos e rematou co que algúns historiadores deron en chamar a “Doma y castración del Reyno de Galicia”.
Neste programa afondaremos unha etapa da historia de Galicia de case mil anos no que hai ataques de normandos, o nacemento dos grandes condados galegos, a configuración dunha lingua que se coñeceu en toda Europa e dun territorio que acabou dividido en varios reinos. Intervén o historiador Anselmo López Carreira.